Vistas de página en total

lunes, 24 de septiembre de 2012

Unha vez tiven un cravo e cometín o error de quitalo, pra cambialo por outro maior

Xa o dixera Rosalía, no seu tempo,
xa falara ela de cravos
Sempre vivin eu cos meus propios tormentos
e aínda non me quedou claro
se é que son parva
- ou o finxo-
se paga a pena o meu noxo,
será loucura, feitizo?
...
será que me falta andar
todavía moito camiño
como pra vivir a vida
sen máis preocupacións
que as que xa trae ela soa
como fianza da nosa propia existencia:


<<Unha vez tiven un cravo
cravado no corazón,
i eu non me acordo xa se era aquel cravo
de ouro, de ferro ou de amor.
Soio sei que me fixo un mal tan fondo,
que tanto me atormentóu,
que eu día e noite sin cesar choraba
cal choróu Madalena na Pasión.
“Señor, que todo o podedes
-pedínlle unha vez a Dios-,
dáime valor para arrincar dun golpe
cravo de tal condición”.>>


Tamén atopei eu cravo
dentro do meu corazón.
E fixen, só pra quitalo
(sentíame chea de valor)
feridas pra cravar outro
máis certo, e aínda maior.
Conseguir quitar tal cravo
mais quedei con gran dolor.
Pois se un cravo saca a outro
quédase alí por error.
E sexa amor, ferro ou ouro
o novo e sempre peor.

Aprendín a trocar cravos
lonxe dunha solución.

Agora son una adicta.
E cambio cravo por cravo.
Obsesión por obsesión.